A Coruña no mundo global do S.XXI. Novos tempos para a acción exterior de Galicia. IGADI.

20 de Decembro de 2023 ~ Domus da Coruña
Presenta Yolanda Castaño

ACoruna.hub.gal nace no ano 2020 froito do traballo conxunto entre o Concello da Coruña e o IGADI desde o 2018 para mellorar a proxección e imaxe internacional da cidade.

No 2023 traballamos na creación dunha app web do Mapa da Coruña coma cidade global, que presentaremos na Gala A Coruña global (3ª edición), a celebrar na Domus o mércores 20 de decembro ás 20:30.

A Gala servirá como punto de encontro para impulsar unha ollada coral da cidade internacional e celebrar a nosa condición de cidade atlántica, referencia no coñecemento, a cultura, a moda ou a creatividade. Contaremos coa música de Mercedes Peón, Ocre e Lucía Aldao, entrevistas e convidadas moi especiais arredor do globo!

Impulsamos as oportunidades e as potencialidades da Coruña como cidade global intermedia, en relación coa acción exterior española, galega e europea, aliñada como unha cidade comprometida coa Axenda 2030.

O obxectivo das actividades do Convenio 2023 entre o Concello da Coruña e o IGADI é posicionar A Coruña como unha capital atlántica europea, moderna e atractiva para o S.XXI.

Recursos

Trala realización do Mapa de cidade global no ano 2022, a liña de investigación en Paradiplomacia do IGADI achegouse ás utilidades do Mapa por medio de 4 artigos de analistas do IGADI.